viernes, 22 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Algunhas imaxes do que deu de sí esta semana na biblioteca e na escola.




O noso lema deste ano foi  "EN ABRIL LIBROS MIL", e para xuntar máis libros pedímoslle a todo o alumnado e profesorado que trouxera un libro da casa para poder prestarllo a quen o quixera.












Puxémolos todos moi ben colocadiños nun espazo fóra da biblioteca. Bueno, máis ben ampliamos a pequena biblioteca ata a entrada do cole.

Diciamos que colocamos os libros moi ben colocadiños pero, por fortuna, axiña se rompeu o orden e empezamos a coller, apuntar e levar. Tanto éxito tivo que ampliamos a experiencia unha semana máis: ata o vindeiro venres 29.





Estes son algúns dos moitos folios que empregamos para facer o rexistro de préstamo.
















E aquí vemos aos maiores axudando a rexistrar o préstamo.


















E tamén lendo no currucho especial.







Tamén acordamos ambientar un pouco os arredores e enchemos os teitos de paraugas coa axuda dos colaboradores da biblioteca e do profe Javi.




E dos paraugas colgaron pingas de todos e cada un dos nosos nenos e nenas








Fixemos carteis,


E todo rematou cunha visita á exposición de libros de medo que preparamos este día na biblioteca







Lembrade: hoxe, día 22, celebrámolo na escola pero mañá 23 DE ABRIL podedes celebralo nas vosas casas.

Noraboa a todos e todas.

No hay comentarios: