jueves, 30 de abril de 2015

CALDERÓN versus LOPE

Nas últimas semanas o alumnado de 6º está a traballar as biografías, un tipo de texto narrativo histórico onde relatan a vida de dous importantísimos autores teatrais -entre outros xéneros - do Século de Ouro español (S. XVI e XVII). A profesora Adela fíxonos chegar estes documentos elaborados polos seus nenos e nenas logo de pescudar e resumir o que para cada grupo resultou máis importante.

MELLOR QUE UNHA TABLETA DE CHOCOLATE

Ola, especialmente aos nenos e nenas de 1º B. Onte recibimos unha enorme sorpresa que nos enche de alegría. 23 cartas opinando sobre as experiencias na aula. Como dicimos no título da entrada, mellor que unha tableta de chocolate, un par de bombóns, unha mousse crocanti de cacao con noces. Non só disfrutamos nós facendo estes aparellos senón que vos o pasástedes ben, e ainda máis, escribíchedes!!! Según dí o profe Jose Ramón, non fixo falta animarvos, nin tivo que insistir para que o fixerades. É moi agradable traballar cos nenos e as nenas deste colexio.
Un bico de sabores para cada un e cada unha. Muás!

domingo, 26 de abril de 2015

REMATAMOS

Bueno. todo ten o seu final. Coa celebración do Día do Libro rematamos o proxecto deste curso. Rematamos en canto a novas propostas se refire porque ainda queda moito que facer, tanto que pode ser que non demos feito no que queda de curso. Pero sabemos que despois de xuño volve setembro, falando de escola queremos dicir. Tamén rematamos mañá, agora sí que definitivamente, coas experiencias eléctricas pois quedábannos atrás o alumnado de 2º. Pobre de quen se o xefe de estudos non se decata! As profes Meli e Sonia farían unha reclamación contundente con toda a razón. E como xa recolleramos todo, pois tivemos que facer novos aparellos estes días. A eles tocaralles a lámpada de lava nova, un cochiño aeropropulsado e un carrusel un pouco especial (jeje). Pero FUNCIONA.

Os materiais precisos para facelo

 Unha mostra NON modificada do definitivo

COMO ENGANAN AS VOCES

Para abordar este tema relacionado coa electricidade e o son tivemos a axuda do Sr. José María  Alén que aceptou agradecido a nosa invitación. Estivo falando co alumnado de 4º sobre radiorecuencia, emisoras, tratamento dos tonos das voces...  Aos nenos e nenas debeulles gustar porque, logo dunha primeira parte máis "teórica", riron a escachar gravando as súas voces e escoitando como o ponente xogaba con elas distorsionándoas, ampliándoas, convertindo os graves en agudos...

sábado, 25 de abril de 2015

GÚSTACHE... NON CHE GUSTA...

Catro sentimentos do alumnado de 5ºA sobre que lles gusta e non lles gusta.




INFANTIL DISFRUTANDO

Boas noites. Como as profes de infantil van subir as fotos aos seus blogs, deixamos aqui unha pequena mostra dos días que traballamos cos pequenos e disfrutamos tanto coma eles/as.
EXPERIMENTOS INFANTIL

Actos do Día do Libro

O pasado xoves celebramos no cole un Día do Libro moi especial, xa que os protagonsitas foron os profes do cole Elena Silvoso e Manuel Felpeto. A continuación poñemos dous vídeos, un corresponde a unha pequena entevista e o outro á representación "sorpresa" coa que lles agasallaron os alumnos do terceiro ciclo.







jueves, 23 de abril de 2015

INTERPRETACIÓN CON DEBUXOS

Desta volta tocou debuxar e non escribir. O equipo da biblioteca colaborou coa profe Mónica na representación da nosa historia particular. Nuns días visitade o blog de música para velo todo xunto,

23 de ABRIL...

Hai días para esquecer. Hai días para lembrar. Hai días nos que cabe todo. Este foi o día de hoxe. Levamos un ano cheo de traballos con resultados case sempre marabillosos, espectaculares, provocadores, difíciles... Tamén houbo fallos e decepcións... pero todos eles deron lugar a aprendizaxe, a pensamentos, a crítica... Non imos dicir nada máis, a non ser as bágoas emocionadas de algunha maestra polo que mirou e sentiu. 


PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

Anque un pouco tarde, xa temos todo listo para mañá, 23 de abril. Rematamos o proxecto da Biblioteca que comezamos en outubro anque esto non significa que deixemos de traballar nos textos e con eles. A organización dos actos é así: Despois da hora de ler, os cursos de 3º a 6º baixaredes áo ximnasio. Alí escoitaremos unha entrevista que Marta lle vai facer a Elena e a Manu. Ao remate, neno/as de 5º e 6º daranlle unha sorpresa aos nosos protagonistas dirixidas pola profe de música Mónica. De seguido, todos e todas subiredes ás aulas e, según vos vaiamos avisando, baixaredes para que vos asinen o voso exemplar do Faro de Corazones. Mentres esto pasa, o alumnado de Infantil, 1º e 2º entrarán no ximnasio para ver a representación "sorpresa" e recibirán un marcapáxinas do Faro de Corazones. Tamén colocaremos polos patios, entre as árbores do xardín, nas cancelas, pequenos relatos sacados do texto orixinal para que vós e as vosas familias poidades ler anaquiños da historia de Lía e Martiño. De seguido podedes ver -bueno, xa o víchedes- como ambientamos a entrada para mañá.

viernes, 17 de abril de 2015

jueves, 16 de abril de 2015

INVESTIGADORES MENUDOS E MENUDOS INVESTIGADORES

Pouco a pouco imos traballando nas reportaxes que xurdiron das semanas de experimentación. Hoxe tócalle ao traballo realizado polos 33 rapaces e rapazas de 6º. Non hai máis que dicir. As imaxes neste caso substitúen ás palabras. Noraboa a todos e todas incluíndo as maestras que os orientaron: Adela e Vanessa.

miércoles, 15 de abril de 2015

OS NENOS E NENAS FAN AGASALLOS

Que contentos estamos na Biblioteca. Ademáis de pasalo xenial todos estes días, resulta que ata nos fan regalos. Hoxe tocoulle á profe que fixo os experimentos cos imáns e a electricidade. Os rapaces e as rapazas de 2º A da profe Meli regaláronlle cadanseu debuxo onde representaban o experimento que máis lles gustou. Uns quedaron namorados da ponte levadiza, outros, do labirinto dos imáns ou da forza que tiñan. Tamén os hai encantados pola bóla de luz, polo confeti, os globos negros, os átomos e, como non, hai a quen lle gustaron TODOS e como non sabían por cal decidirse, ala! deixaronnos representados no papel. A profe Elvira dálle as gracias a cada un e unha, e á profe Meli por animar aos seus alumnos/as a seguir experimentando.

martes, 14 de abril de 2015

COMO TEMOS QUE ESCRIBIR

Ola a todos/as. Nesta entrada imos deixarvos un esquema para telo en conta á hora de poñerse a escribir e ler. A imaxe fala de extratexis de comprensiñon e escritura dun texto expositivo pero iso non quere dicir que non serva para outras tipoloxías textuais con unhas modificacións. Pensamos que é moi importante ter en conta os tres pasos que se recollen en cada aspecto: ANTES, DURANTE e DESPOIS. Segun o vaiades practicando veredes como vos é máis doado centrarse neste tipo de actividade.

lunes, 13 de abril de 2015

CANTO APRENDEMOS...

Un pequeno repaso da semana pasada quédabos neste LIM que fixemos dende a biblioteca.

domingo, 12 de abril de 2015

CONSTRUIMOS FAROS NOVOS

Cando pensamos que xa iamos rematar, ao alumnado de 2º ciclo deulles por pechar o libro coa elaboración e exposición de máis faros. A base de todos eles son 3 macetas e a decoración é persoal, por iso hai dende faros de area ata outros de gulichadas.

ELECTRICIDADE E MÁQUINAS

Que día tan especial foi o mércores!! Canta xente boa, comprometida e competente temos arredor nosa e que sorte temos na escola porque queren axudarnos encantados. Agora toca falar de Xocas Cores e do taller de electricidade de Salvador Cores. Xocas estivo toda a mañá do mércores na nosa biblioteca encargándose de informar e axudar a formar a vos e a nós. El non é mestre de escola, pero sí que é mestre da súa profesión. Que ben nos ensinou!, con que paciencia, ata tres veces repetiu o que lle pedimos e soubo contalo para cada un dos cursos, tan ben, tan ben que algúns decidiron a súa profesión para o futuro. 
Pero ademáis de falarnos, durante 15 días el e o seu irmán Salvador montaron todos os aparellos que manipuláchedes: faros, xeneradores eólicos, pontes levadizas, circuitos, células fotovoltaicas, semáforos... E a cousa non acaba aí. Regaláronnos bolígrafos e tamén deixaron no colexio a bóla de luz que durante o resto do curso vai lucir na entrada. 
Pensamos que habería que inventar un superlativo de gracias para casos coma este. Como ainda non o atopamos, mandámoslle un bico de 420 labios.





LÁMPADA DE LAVA

Ola a todos e todas. Como é imposible desenvolver na biblioteca todas as experiencias que temos programadas, durante uns días imos deixar en LECTORIÑO algúns videos e libros con experimentos para que os fagades vos nas aulas. Todas estas experiencias precisan materiais cortiás que tendes pola casa e pola escola. O tempo para facelo non vai máis alá dunha sesión de 50 minutos. Algúns SI necesitan a presencia dun adulto para vixiar o proceso -xa que necesitan lume, cortar con cúter, empregar subelas...- e non queremos que algo tan chulo poida amargarvos os resultados.

O primeiro destes experimentos é facer unha lámpara de lava. No libro que segue tendes as imaxes e unha escasa información sobre o proceso. Tamén descubriredes que vos pedimos algo ao remate da proba,pero lembrade que NUNCA vos imos pedir imposibles.

jueves, 9 de abril de 2015

Experimento cun dron

Dentro desta semana chea de experimentos os alumnos de 3º de Primaria puideron disfrutar dunha das novidades tecnolóxicas máis chamativas dos últimos anos: os drones. Da man de Miguel Prego aprenderon varias cousas relacionadas con estes artiluxios e tamén sobre os aparellos láser.

A xornada rematou cun vídeo que capturou o propio dron









UN DRON PEQUENO... PERO MATÓN


Para todos e todas os que non pudéchedes ver a explicación e a demostración de Miguel, aquí vos queda un exemplo.


martes, 7 de abril de 2015

SAN TOMÉ ELECTRIFÍCASE

Pois sí, mañá comezamos coa semana de experiencias de electricidade. Contamos con colaborades moi cualificados que farán que estes días de diversión e aprendizaxe sexan inesquecibles. Temos a Miguel Prego que ven falarnos da súa pasión polos drons, esas máquinas que están tan de moda, esperamos que para o bo. Tamén nos falará dun láser con 10 km. de alcance é, o mellor de todo, poderemos velos en funcionamento.

Contamos tamén con dous técnicos en montaxe e manipulación de aparellos eléctricos. Tráennos circuitos, semáforos, células fotovoltaicas, ascensores, pontes levadizas... e non podía faltar UN FARO. Estarán no cole ata a hora do recreo e a eles tocaralles explicar iso da electricidade, dos átomos,  neutróns e protóns, por onde circulan... Seguro que será proveitoso. Son Salvador Cores e o seu irmán Xocas.

Outras experiencias estarán relacionadas coa electricidade estática: globos, auga, botellas, imáns, circuitos, labirintos, lámpadas de lava... que faremos en vivo e en directo os membros do equipo da biblioteca e o alumnado de 6º.

E o venres, para rematar, teremos un espectáculo sorprendente chamado RAIOS e CENTELLAS. Desto non imos dicir nada porque ides abraiar.

Lembrade que durante estes días temos que suprimir a actividade de biblioteca das mañáns pois imos convertila nun obradoiro eléctrico polo que pasaredes tooooodoooaaas. Que o disfrutedes