miércoles, 13 de mayo de 2015

PEQUENOS ARQUEÓLOGOS


Pasamos a mañá de hoxe na Illa de A Figueira, as titoras de infantil co seu alumnado  e outras outras profes que os foron e volveron varias veces acompañando aos máis pequenos. E que pasou alí? Uf. Disfrutamos un montón buscando anacos de restos antigos. Apareceu de todo: xerras rotas, pratos esportillados, queixadas de cabuxa, calavera de can con unha chea de dentes, dous ósos de cabalo, unha lámpada de aceite, a punta dunha lanza, a cuncha dunha ostra xigantesca, tellas e baldosas... Dirixiunos Ángel, o arqueólogo, logo de explicarnos como arredar a area coas paletiñas e varrer con pinceis e escobas. O máis chulo? As cariñas dos aprendices de arqueólogos cando petaban en algo que emitía un son oco. Os de 3 anos -algúns- tiñan certo medo; os de 4 disputábanse o achádego e os de 5 anos chamaban por Ángel para que lles axudara a varrer e embolsar os restos e expoñelos no museo de Pontevedra. Menudo compromiso!. Marchamos todos cheos de razón e o arqueólogo marchou cos petos cheos de cunchas "descubertas" a ras da area como enormes tesouros que os pequenos lle regalaron.



No hay comentarios: