lunes, 16 de diciembre de 2013

VAIA... UN ESQUECEMENTO

Pedimos desculpas á nosa alumna de 3º A por esquecer ao seu avó. Quedounos mesturado entre os papeis do Nadal. Pensamos que non foi Bertucho o que se agochou, ou si?. Ben, sexa como fora aquí queda a biografía do avó de Amina, que ben o merece.

domingo, 15 de diciembre de 2013

BIOGRAFÍAS FAMILIARES

O alumnado de 3º das profes Camino e Lula leron o libro de Tucho Calvo "a castaña que chegou á árbore".Logo da lectura fixeron un traballo moi completo do libro e do seu autor. Aquí vos queda unha das partes que xurdeu dese traballo: a biografía dalgúns familiares do alumnado destas aulas. Parabén a todos eles e elas.

martes, 10 de diciembre de 2013

UN CONSELLO DE INFANTIL

O alumnado de infantil de 5 anos parouse a meditar sobre as medidas que deben tomar os seus familiares cando conducen. E claro, despois de tanto pensar ferveulles a cabeza e quixeron rematar o traballo cunha recomendación para todos os compañeiros de San Tomé. Na parede que está ao lado da porta da biblioteca colgaron as súas ideas para que as leamos e llo contemos aos pais e nais. Xa sabedes: facédelles caso.
        Esta foto é a última parte das recomendacións, recén saído do forno.

PROXECTO QUE REMATA

As vallas publicitarias déronnos xogo este último mes. Todo o cole as estudou, imaxinamos que podían publicitar, como se elaboraban, o tipo de texto, a imaxe, a localización.... Ata as deseñamos. E todo este traballo, ademáis de para aprender tiña/ten un obxectivo final: a elaboración da nosa propia valla para convidar ás familias a pasar e ver o noso belén. Belén? Pero que Belén si o único que facemos son boliñas de papeis de cores?. Ai! Canto misterio...

Lembrade: nas escaleiras temos o panel das vallas publicitarias e, sobre a mesa, un rexistro para que contestedes esas preguntiñas. Ánimo.

MÁIS AÍNDA

Para todos aqueles que vos gustaron os paneis dos textos dos pasillos, acabamos que poñer outro máis. Difíciles? Esperamos que si, que vos custe resolvelas e teñades que pensar, buscar e falar.
Neste caso as vosas hipóteses podedes escribilas nos carteis en branco dispostas ao pé de cada texto. Iremos mirando as  vosas suposicións.

QUE SERÁ, SERÁ

Para todos/as vos, dende a biblioteca queremos felicitarvos polas aproximacións tan atinadas que fixéchedes das estructuras dos textos polos corredores: cartas, tarxetas de presentación, menú de voda, menú de restaurante, problemas de matemáticas, páxinas de libros, índices, etiquetas de productos, carteis, esquelas, noticias de xornais, instruccións de funcionamento de aparellos eléctricos, nomes de xornais, boletíns de notas... De verdade que foi para nós unha enorme satisfacción ver os resultados tan bos logo do esforzo que supuxo elaborar os carteis. 
O paso seguinte será traballar eses tipos de texto... Pero acougade. Será despois do nadal. Merecedes ese descanso.

Unha de cine

     Fixachedesvos na páxina principal da web do cole?. É un misterio, non si? Mañá seguro que aparece un novo "trailer" que nos desvelará un pouco do segredo que oculta. Ou non. Quen sabe!

    Pero hai algo que si ten que ver co asunto que nos publicitan os profes de extraescolares. É este cartel de cine -a propósito, é un texto expositivo informativo-. Ledeo atentos e veredes unha pista moi interesante.