Gustouvos o día de onte? Pensamos que si, tanto a vós como ás profes e ós pais. Senón ides ver.
Para este día dende a Biblioteca organizamos os espazos nos que colocamos os libros nos que traballamos durante todo o curso. Este ano eleximos o corredor de 3º ciclo, porque era o que estaba "máis libre".
Démoslle ás profes unha tarxetiña para cada un/unha de vos cunha frase ou proverbio de escritores de todo o mundo nos que reflexaban o que para eles era a lectura : Cervantes, Shakespeare, Steinbeck, Tagore, Jordi Serra i Fabra, Sta. Teresa de Jesús... Hoxe contáronnos o proveito que sacástedes deses pensamentos.
Saíronnos 137 pensamentos distintos que repartimos segundo as vosas idades: MAMÁ, PAPÁ, A LECTURA CONTÁXIASE foi unha das preferidas por educación infantil.
Peronon quedou aquí: estamos moi satisfeitas/o de que os distintos niveis organizaran durante toda a xornada lectiva actividades de lectura, contacontos entre clases, cambio de tarxetas, e...
Escritura dos vosos pensamentos sobre a lectura
Libros reciclados de xornais
Murais coas tarxetas que sobraron
Decoración das portas das aulas
Resume dos libros persoais que máis vos gustaron e que trouxéchedes á clase para contarllos aos compañeiros.
Máis murais coas palabras "Ola" e "Ler" en canto idioma hai.
E tamén houbo para as familias
Dous paneis colocados nos patios para que leran, mentres vos esperaban á saída, e levaran con eles o pensamento que máis lles gustase. Nos colocámolos así....
E as 14:10 deixáronnos así
Estabamos encantados de comprobar que aos vosos pais, nais e avós/as tamén lles gustou a idea e decidiron colaborar.
Nos vindeiros días o profe Manu subirá o documento con todas as etiquetas para que as usedes. Non podemos estar todo o tempo imprimindo. Tendes que disculpar....