viernes, 23 de noviembre de 2012

RUSIA PARA OS PEQUENOS

Xa conseguimos o LIM de Rusia para os cursos de 1º, 2º e 3º de primaria, sobre todo polo interese de Andrei quen ten moitas cousas que contar. Así pois, Andrei, nós xa cumplimos unha parte do prometido. Máis adiante iremos incluindo o resto. Esperamos que che guste a tí e a todos/as. Chao.

jueves, 22 de noviembre de 2012

El lago de los Arco Iris (Un Hermoso Cuento de Italia)

Boas lectoriñ@s!
Xa que os de Infantil andan dando unha volta por Italia aproveitamos para perdirlles que nos trouxesen un conto do país coa forma de bota. Éste é o resultado:

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Actualización da web de Interculturalidade

Boas!
Como os contidos que estamos a subir á web de Interculturalidade xa son moitos tivemos que facer unha reestructuración na mesma para que todo estea mellor organizado.

Nas últimas datas subimos máis vídeos, máis unidades didácticas e un par de xogos. Por suposto, a excelente presentación sobre o Machu Pichu tamén está ubicada na web.

Así que se queredes ver as novidades, xa sabedes, clickade en "Interculturalidade", na barra superior á dereita.


viernes, 16 de noviembre de 2012

O Machu Pichu...

Nenos e nenas, profes titoras... Xa estamos pensando no Nadal! Pero amodiño, eh! Como nos anda pola cabeza unha idea de belén, preparamos estas imaxes para que vaiades coñecendo un sitio incrible do Perú, xa que dentro dun par de semanas imos ter que traballar sobre el. Por agora non vos contamos máis, pero tendes que miralo xa que nos vai facer falta. Ata pronto.

Algo máis, e IMPORTANTÍSSSSIMO: ao chegar a penúltima diapositiva, unha que pon vista aérea, picade enriba dela e ... levaravos ata alá. Non saltedes este paso!
  o Machu Pichu

Hoxe é o Día da Tolerancia

Boas!
Teñen relación a tolerancia e a interculturalide?
Pénsao un pouquiño máis....Claro que a teñen!

Hoxe celebramos o Día Mundial da Tolerancia, un valor importantísimo que evitaría moitos dos problemas da nosa sociedade. Por se alguén quere traballalo, deixámosvos aquí algúns enlaces relacionados coa temática:

- Aula 365
- Declaración de principios sobre a Tolerancia (UNESCO)
- Un conto para a Tolerancia (actividade Clic)
- Unha "caza do tesouro" para o Segundo e o Terceiro Ciclo
- Contos de Tolerancia
- Materiais didácticos contra a Intolerancia
- Enlace a "Crea e Aprende con Laura", un blogue con multitude de recursos

martes, 13 de noviembre de 2012

Xogamos?

Por fin rematamos este pequeno xogo sobre o Perú. Podedes xogar por parellas ou en equipos máis grandes. Quen consiga chegar primeiro ao cume da montaña gañará a partida. Pero... hai revancha! 50 preguntas en total. Ánimo.

Nunca máis

Pasaron 10 anos da traxedia do Prestige, convén non esquecelo para que non se volva repetir. Esta canción do grupo "La Fuga" é un bo exemplo

Mulleres Rurais Africanas


Ola a todos os seguidores das nosas historias. Outro novo conto para ler, pensar e descubrir: está na entrada anterior. Para completar un pouco a traballo que podemos facer con el cacheamos na rede algunhas -moi pouquiñas para todo o que hai- imaxes da vida das mulleres africanas. Nós chegamos a conclusións moi importantes. África é o terceiro (ou o segundo, depende de onde se consulte) continente máis poboado do mundo, con 54 países e un montón de costumes semellantes no papel que desenvolven as mulleres. Pero queremos que sexades vos os que fagades as vosas propias ideas.
MULLERES AFRICANAS

jueves, 8 de noviembre de 2012

El nahuel y el hombre perdido (leyenda mapuche)

Como cada xoves, aquí tedes un conto do mundo, neste caso, unha lenda mapuche.

Máis contidos en "Interculturalidade"

Boas!
A páxina permanente de Interculturalidade ten máis contidos. Subimos as dúas Unidades Didácticas que vos presentamos nas últimas entradas. O apartado de UDs será ampliado nas próximas datas para mellorar o traballo que se pode facer nas aulas.

Lembrade que para acceder soamente hai que premer na pestaña "Interculturalidade"  que está na parte superior  dereita do Blogue.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

A filla do carboeiro. Un conto de Marrocos

A filla do carboeiro Este é un conto moi bonito que ven dende Marrocos. Deixámolo con algunhas actividades datos de interese sobre ese país. Como temos nenas marroquís na escola seguro que nos poden contar máis cousas. Esperamos que vos guste. A Filla do Carboeiro. Conto Marroquí

martes, 6 de noviembre de 2012

Nasreddin e o dereito a comer. Conto de Irán

Ola a todos e todas. Anque imos pouquiño a pouco, deixamos aquí un precioso contos de Irán chamado Nasreddin e o dereito a comer, xunto con algunhas actividades e unha pequena información sobre ese país. As profes xa vos contarán máis e vos mesmos iredes buscando máis datos sobre este país un pouco descoñecido para nós. Nasreddin e o Dereito a Comer. Nasreddin e o Dereito a Co

lunes, 5 de noviembre de 2012

Xubilouse o mestre Mon

Hai persoas importantes e outras imprescindibles. Mon é das imprescindibles. O oco que deixa no colexio será imposible de encher e os seus alumnos e compañeiros teremos del un recordo inmellorable.

Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas.

Tamén é destacable o seu labor como ilustrador e escritor de contos infantís, ademais das súas colaboracións noutras obras sobre natureza,

Aínda que a súa xubilación é máis que merecida e ten ganado o descanso, confiamos en que de cando en vez percorra a longa distancia existente entre a súa casa e o colexio para facernos algunha visita e obsequiarnos coa súa compañía e as súas impertinencias.


domingo, 4 de noviembre de 2012

Libro lim sobre Perú

Canto sabemos de Perú? No cole temos moitos nenos e nenas que viven en Cambados e estudan no noso cole. Xa son de aquí pero teñen que contarnos moitas cousas do pais onde naceron. Para ir adiantando e non quedar como "ignorantes" (é broma) diante deles, fixemos este libriño para ir practicando e aprendendo cousas sobre un dos seus paises. Veña!, cada vez aprenderemos máis.

viernes, 2 de noviembre de 2012

El zorro y el quirquincho (conto popular arxentino)

Nesta ocasión imos até a Arxentina para que nos conten esta sabia historia de astucia: