jueves, 31 de mayo de 2012

UNHA VIOLETA NO POLO NORTE

A quen se lle conte! Unha violeta no Polo Norte... Sentímolo un pouquiño pero as fotos sairon movidas. É posible que as volvamos facer un día destes para facilitar a lectura.Unha Violeta No Polo Norte

ADAPTACIÓN DOS LIBROS DE RODARI

Hoxe este conto perdeu algunhas follas do carballo, pero as letras están no mesmo sitio, porque ler non gasta a tinta...



MÁIS CONTOS DE RODARI

Outros tres contiños máis para que os descarguedes.


Na Praia de Ostia AQUELAS POBRES PANTASMAS A VOLTA Á CIDADE
Aquí estamos outra vez. Durante todos estes días estivemos facendo un traballo de recollida de todo o feito durante o ano, pois os profes tamén temos que facer deberes, render contas, explicar... Si, si! todo eso que vos pedimos a vos tamén o temos que facer nós. E eses "deberes" imos poñelos no blog por si eles (os que mandan) queren velos. A todos nos servirá de recordo deste ano tan loooooongo pero tan bonitiño.

o Mundo Nas Nosas Mans

miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012


Xa están preparados os traballiños das letras. Para anticipar o día de mañá -que celebramos hoxe - podedes buscar o poema de cada un/unha. Se non o vedes aquí é posible que esté no barco das Letras. Daquela, aproveitade que non chove e ir dar un paseo pola Calzada á procura do barco do cole. Ata o luns.
LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

Esta entrada vai de parte do Departamento de Normalización Lingüística do colexio. Como ainda non teñen un blog, pedíronnos ó de biblioteca que puxeramos estas fotos do panel co que participamos nas actividades das Letras do Concello de Cambados, e da exposición dos vosos traballos. 


Primerio, dicirvos que nos resultou moi agradable comprobar que a maioría de vós decidíchedes empregar as técnicas de Rodari para honrar a Valentín Paz Andrade: rimas, acrósticos, xeroglíficos, poesía... Parabéns para  o alumnado e o profesorado. Estamos moi contentos/as. Por iso, na próxima entrada que fagamos no blog, deixaremos todos os carteis que non foron colocados no barco das letras, non porque lles faltase calidade senón porque non cabían máis ca cincuenta. Chao.

LETRAS GALEGAS

Ola nenas e nenos de San Tomé. Mañá non temos clase porque.... Por que? Si, mañá é o día especial no que celebramos as Letras Galegas, ese día no que cada ano lembramos a un escritor ou escritora que adicou parte da súa vida a escribir poesía, xornais, ideas, contos, novelas, ensaios, .... no noso idioma. Queremos que teñades en conta o seguinte: mañá é ese día especial pero as Letras Galegas son toda a semana, todo o mes, todo o ano... TODOS OS DÍAS DE TODOS  OS ANOS da nosa vida. Xa dende hai algúns anos, tamén vós  vindes escribindo en Galego pequenas obriñas que temos na biblioteca e este curso aumentamos moito a producción de contos en galego dos nenos e nenas de San Tomé. Quen sabe? Non sería estrano que un día, visitando librerías, nos veña á mans algún título dun antigo alumno e alumna que pasou pola nosa escola, de feito xa os hai: o poeta Ramón Nogueira estudou na escola; a escritora Fuensanta tamén....  e, quen sabe? Igual hai un día das Letras Galegas adicado a alguén de vós. 
De seguido podedes ver a celebración que fixemos hoxe no cole: a profesora Mónica cos alumnos e alumnas de 5º e 6º percorreu os pasillos con pandereteiras, gaiteiro, tamborileiro, bombo, cunchas, voces... dándolle un carácter especial ó día de hoxe. 
Que disfrutedes e mañá animádevos a ler unha páxina en Galego. 



domingo, 13 de mayo de 2012

CÓMIC DE CARAPUCHIÑA

Ola a todos os nenos e nenas do cole, e tamén aos visitantes do blog. Hoxe a nova é, de novo, un regalazo do profe Mon. Como non hai palabras para agradecerlle o seu tempo, a súa amabilidade, e o que nos quere a todos os do cole, pois non nos queda outra que mandarlle desde aquí mil bicos, apertas, saúdos... que podedes ir dándolle persoalmente cando o vexades polo patio, polos corredores, ou por calquera currucho da escola por onde pode aparecer. Lédeo. CARAPUCHIÑA EN CÓMIC
Moi boas e chuviosa tarde. Aquí estamos de novo para cumplir os encargos que nos facedes a través do blog ou en persoa cando nos vedes pola escola. Sebas, Laura, Laura Lago, Carlos, Elia, Marta, Lidia,Luís, Alba e Aitor fixeron unhas rimas moi ben levadas cos Tres Porquiños, o Lobo, Pinocho, Carapuchiña,Cincenta, os Cabuxiños... e ademáis, ilustráronnas moi ben. Logo a profe Lula fíxolles un cartafol precioso para gardalas. Agora podedes ver o conxunto do que vos falamos. Felicidades a todos e todas elas polo traballo

jueves, 10 de mayo de 2012

UNHA MANCHEA DE ADIVIÑAS

Imos poñervos as adiviñas de 3º. Xa son coñecidas pero o esforzo dos nenos e nenas que as fixeron merece a pena ser visto. Ademáis, a presentación e o coidado posto é precioso. ADIVIÑAS DE TERCEIRO

POR QUE MAMÁ PINTA OS LABIOS?

Por que mamá pinta os labios? Por que papá ten que ir traballar? Por que temos ósos?, Por que as profes mandan tantos deberes? Por que as sevillanas levan vestidos de lunares?.... Por que? Por que....
Aquí tendes as respostas dos nenos e nenas de 1º.

ALBUM DE DEBUXOS

Neste album de debuxos recollemos aquelas ilustracións que fixéstedes tanto para o belén de conto como para a decoración dos libros e da escola. Aproveitando eses traballos montamos este álbum que aos máis pequenos lles encantou.

O MUNDO NAS NOSAS MANS

Lembrades o 30 de xaneiro? Aquel día celebramos de forma especial o día da Paz. Aproveitamos o conto de Rodari "O MUNDO NAS NOSAS MANS" para facer a proxección no ximnasio para todo o alumnado e profesorado do cole. Anque a profe Guada xa o puxera daquela no blog de extraescolares, agora que estamos repasando o traballo do curso tamén queremos poñelo nós aquí. Esperamos que o disfrutedes de novo por un lado ou polo outro.

AS PREGUNTAS DE INFANTIL

Últimos POR QUE de Infantil e algún que outro despistado que deixou as súas invencións en sitios distintos ó correcto. Poderedes ver tamén preguntas que se fan os nenos e. nenas máis pequenos

UN CHISTE?

Por decisión unánime dos nenos e nenas de 5º, incluimos aquí ó campeón Alberto contando un chiste. Medio inventado pero moi ben personalizado, Alberto plantouse diante da cámara con varios chistes e seleccionamos este. Mirade, escoitade e ride.
ALBERTO 5. CHISTE CURA por elvirasumay

PINOCHO, CARAPUCHIÑA E OS TRES PORQUIÑO

Un dos cursos que máis se ilusionou coas propostas da biblioteca foron os terceiros. Eles e elas seguen a argallar mesturas, adiviñas, rimas, e a profe Lula encantada, cousa que non é para menos. Agora outro libriño de contos armado para o día do libro e que tamén tendes na biblioteca. contos

martes, 8 de mayo de 2012

OUTROS NOMES, OUTROS XEROGLÍFICOS


Con este traballo rematamos o capítulo dos xeroglíficos. Como podedes ver houbo arredor de 100 maneiras distintas de representar os vosos nomes e poder lelos dun xeito distinto ó acostumado: con cifras, debuxos, notas musicais, signos matemáticos.... Sabemos que nos quedamos curtos, pois esta técnica pódese aplicar para nomear todo o que queiramos, pero estamos moi satisfeitos polo interese que despertamos en vos para tentar resolver as propostas que vos demos dentro da biblioteca: xeroglíficos de animais, de cidades, de obxectos familiares... Detrás xa virán máis. 
Agora podedes ver os nomes dos nenos e nenas de 4º da profe Encarna e descubriredes outras maneiras de representar a outros Borjas, Pablos, Paulas.... Ata prontiño.
XEROGLÍFICOS DE 4º B

ÚRSULA E BELLA

Oa alumnos da profe Camino, de 4 anos, xuntaron a Úrsula coa Bella. Andaron polo bosque onde viviron algunha aventuriña e Ursula volveu ao mar, pero en que estado? Ai!, a ler para sabelo.

lunes, 7 de mayo de 2012

Un descansiño de letras. Lembrades o día do libro? Grabamos por todas as clases aquelo que preparáchedes coas profes e que despois vimos durante esa mañá. Ben, pois un deses videos imos deixalo aquí, ademáis dunhas fotiños lembrando o 23 de abril.




 
TONADA por elvirasumay

UN CONTO ORIXINAL

Un conto con contos, collage, poemas e debuxos todo encadernado nin formato moi bonito, estilo arco oxival. Deus, que palabriña! Podedes velo na biblioteca tal como é ou no seguinte documento un pouco modificado. É un traballo dos nenos e nenas de 3ºB da profe Lula. Noraboa a todos e todas.


POR QUE, POR QUE, POR QUE...

Ola alumnado do cole. Os do terceiro ciclo fixeron sobre todo por ques nas horas de recreo, sentados na mesa camilla e redactando en grupos. Algúns moi ben escritos por certo, pero outros deixados así de calquera maneira. Por iso, recollémolos no seguinte libro anque hai tarxetas que escribimos dende a biblioteca, mantendo o seu contido pero dándolle un pouco de "estilo" pois, comprenderedes que non se poden poñer no album escritos enrugados, con tachaduras e... algunha que outra falta de ortografía das gordas. Ai! eses maiores!!!!!


Por Que Dos Maiores

OS NOMES EN 23 XEROGLÍFICOS

Será Alba, Aitón, Iago, Cristina... e así ata 23 nenos e nenas de 4º da profe Maricarmen Aguín, algúns con algunha axudiña. Veña, atopádelle o xeito.

domingo, 6 de mayo de 2012

OS CINCO PORQUIÑOS

5 PORQUIÑOS? OS DE INFANTIL DE 3 ANOS DA PROFE LAURA DIN QUE SÍ, QUE HAI CINCO PORQUIÑOS. SERÁ QUE NON SABEN CONTAR AINDA? PENSAMOS QUE O FIXERON CON TODA A INTENCIÓN PORQUE ESTE CONTO NON TEN NADA QUE VER CON AQUEL OUTRO TAN COÑECIDO POR TODOS. NESTE NON HAI SOPLOS, NIN FUXIDAS, NIN AVOA...

QUIXERA SER.... Rimas de 4º B

Ola de novo. Seguimos publicando os traballos feitos do Proxecto Rodari. Agora tócalle os de 4º de primaria da profe Encarna, pero só o capítulo de rimas. Temos traballo para unha ou dúas semanas así que PACCIENNNNNNCIA, que ó final estaredes todos. Cada neno-nena do curso escribiu un QUIXERA SER... que tamén recitáchedes para o video do día do libro. temos que confirmar a autorización para sair no blog. Se a tendes, farémolo, vale? E agora a ler...

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE 5 ANOS TAMÉN FIXERON AS SÚAS RIMAS. AXUDADOS POLA SÚA PROFE E POR VICTOR, PUXERON AS SÚAS CABEZAS EN CORPOS ALLEOS E EN IMAXES MOI PAVERAS. GUSTARAVOS? POIS SEGURO QUE SÍ.

sábado, 5 de mayo de 2012

PETER PAN E O GATO CON BOTAS

Este é o conto dos rapaces e rapazas de Infantil de 4 anos, da profesora Elena. Encargáronse de todo: de pensar, escribir, ilustrar, pegar e montar toda a historia. Que farán cando teñan cinco anos? Adiantámosvos que é moi bonito.
4 anos elena

jueves, 3 de mayo de 2012

UN PINOCHO DISTINTO

Os nenos e nenas de 2º A e 2º B fixeron entre todos este conto de Rodari. Eles déronlle mil voltas a Pinocho, só lles quedou fabricar un de madeira, máis non lle demos ideas ás profes Silvia e Patricia que logo se poñen a buscar un bo toro de carballo, collen a trencha e póñense a facelo a tamaño natural. Nós conseguimos montar o un dos seus libros neste capítulo que deixamos a continuación. 

ENSALADA DE CONTOS

Os nenos e nenas de 3 anos traballaron unha ENSALADA DE CONTOS, como podemos ver no video. Mesturaron a Peter Pan coa Carapuchiña, Pinocho, os Sete Cabuxiños ... Foron ás colchonetas.. MIRADE

UN CANTAR DE CEGO

Sentímolo moito, nenas de 5º e 6º pero non podemos poñer o video do voso cantar pois hai dúas nenas que non poden sair no blog. Nembargantes, incluímos as vosas voces ilustradas cos textos e debuxos do conto. É marabilloso oirvos. Falta a parte visual na que xesticulades, poñedes caras de emoción... pero como xa vos vimos todo o cole, dámonos por satisfeitos.

CARAPUCHIÑA EN PICTOGRAMAS

Para os pequenos, grandes, medianos; para os que xa saben ler e para os que non saben ainda, para os que lle gustan os debuxos, para todos... este conto especial do profe Mon adaptado polo equipo da biblioteca. Esperamos que vos guste.

OS VOSOS LIBROS

Despois dalgúns problemas técnicos, xa estamos en disposición de publicar os traballos que presentáchedes para a semana do libro, dando así por rematado o Proxecto Rodari. Iso non quere decir que non sigamos traballando pero xa non se farán novas propostas. Se é posible, o próximo curso seguiremos con este autor. Intentarémolo.
Durante estes días imos poñer aquí, ós poucos, os vosos libros. Tranquilos todos, os de 3º e s de 6º tamén  pois xa vemos que os reclamades. Todos van quedar na biblioteca, no espazo de Rodari, anque podedes levalos para as clases.

Primeiro de todo, un libro titulado "CÓNTASME UN CONTO". Todos son contos de nenos e nenas da escola anque o formato é cousa do equipo da biblioteca pois quixemos poñelos bonitos porque o merecedes.

OS VOSOS LIBROS