domingo, 26 de febrero de 2012

ADIVIÑAS POLISÉMICAS

Como vos pedides, nós dámosvos. Esperemos que a estas horas esteades a durmir e non as vexades, senón mañá, nas proxeccións polas aulas, xa as teredes pensadas. Aviso: só tendes que escribir o sustantivo, sen artigos diante e sempre en singular. En dous casos só tendes que poñer a primeira palabra que se pide. Fixádevos ben.

sábado, 25 de febrero de 2012

CONTOS DOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA



 
Nas aulas de 2º levan traballando con Pinocho dende xaneiro. Teñen ilustracións, poemas, reescritura do conto... pero hoxe imos publicar os relatos que escribiron este antroido segundo a técnica de Rodari MESTURA DE CONTOS. Todos van acompañados das ilustracións e, como pensamos que o esforzo hai que premialo e, como sabemos que vos encanta entrar no blog para ensinarllos ás vosas familias, imos poñelos todos. Faltan o de Xaquín -que o esqueceu na casa -, o de Marta, a quen lle pedimos un esforzo máis para pulir un pouquiño máis a historia, Aldair, Lara e Enilson que non o fixeron, pero o luns seguro que os publicaremos. Estes son os de 2ºA da profe Patricia.












FINAIS DE CONTOS

 Atopamos tres finais que deixáchedes nos sobres do  conto A CASA NO DESERTO  da biblioteca, así que como o prometido hai que cumplilo, aquí os tendes. Con todo, as vosas aportacións seguen dentro do libro por se algún outro lector sinte curiosidade. Grazas pola colaboración.

ADIVIÑAS DE TERCEIRO

Ola, olaaa! Diremos antes de nada, que a proxección das adiviñas de Mon polas aulas está resultando un éxito. Os compañeiros e compañeiras emocionanse, discuten, razonan e, cando pensan ben e dan a resposta correcta, brincan pola aula adiante. O certo é que a quen máis lles gusta vervos así é a nós. Queremos agradecer a colaboración das titoras facéndovos pensar, pois recordade que non se trata de acertar. Con toda esta leria, o alumnado de terceiro trouxonos hoxe unha colección de adiviñas, case todas inventadas por eles/elas. Como non vai ser posible presentárvolas nas clases, imos deixalas aquí para que as pensedes. Ó final están as respostas, todas correctas pero hai adiviñas que aceptan outra soluciòn. Antes de mirar esa diapositiva, intentade resolvela vós. Ánimo!!!!


miércoles, 22 de febrero de 2012

OUTRO REGALO DE MON

Esta semana e a vindeira, na hora da lectura -de 12:00 a 12:20, unha persoa do equipo da biblioteca vai amosarvos a montaxe que o profe Mon imaxinou para nós. El está namorado das técnicas de Rodari, ten unha cabeza -por dentro- prodixiosa e nunca dí que non a segunda vez. Esta que vos presentamos agora é unha pequena modificación da orixinal, pois vai adicada aos máis pequenos e queremos axudarlles a decidir. A orixinal seguro que tamén a colgaremos no blog, pero mentres deixámosvos o enderezo da páxina onde ten publicadas algunhas -que non todas - das súas creacións.
www.adelaleiro.com/

adiviñas pequenos

XEROGLÍFICOS NOMES DOS PROFES

Estamos de vacacións, por iso aproveitamos para traballar nas cousas da escola, tan importantes como as de organizar as clases, explicarvos, correxir, e todas esas cousas que facemos os mestres. Ben, elaboramos uns xeroglíficos cos nomes de todo o profesorado para que vaiades dándolle á cabeza. O certo é que ó dicirvos o título xa vos poñemos sobre a pista, pero... non vos fiedes! Estes son para practicar. Despois xa virán outros.

(XEROGLÍFICOS PROFESORES)

sábado, 18 de febrero de 2012

UN ANTROIDO DE CONTO

Por agora despedímonos co antroido de onte. Como no blogue de extraescolares, a profe Guada vai pasar horas procesando as fotos para que non aparezades ningún dos que non tendes permiso, nós imos deixar aquí só os disfraces de algúns profes -anque a verdade, non lles pedimos permiso-. Felicitar a todas as titoras e titores polo enorme traballo feito cos disfraces e as coreografías, todas arredor dos contos e do noso proxecto de Rodari; a Mónica pola música, ás nais, pais, avoas, tías... pola gran cantidade de postres que trouxeron para celebrar a festa con xantar, os especialistas pola decoración do pavillón, a organización das mesas de postres, o servizo, a animación, a recollida..., ó equipo directivo pola organización e agradecerlle a Inés a Cristina e a Mon o traballo de ter que limpar o pavillón despois da festa. Todo o fixemos para que pasarades un día especialmente agradable. Un abrazo para todas e todos.







Feliz descansoooooo!!!!