domingo, 18 de septiembre de 2011

Bibliografía de Rodari para 2º e 3º ciclo

Anque os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º tamén podedes sentir curiosidade polos libros dos máis pequenos, non esquezades que estes que vos deixamos aquí resultarán máis interesantes para vós. Que os disfrutedes.














sábado, 17 de septiembre de 2011

Bibliografía de Rodari infantil e 1º ciclo

Queredes ir lendo a Rodari?
Na biblioteca xa temos libros e estamos a esperar un cargamento das editoriais. Mentras tanto podedes ir vendo cantos libros ten Gianni Rodari e de que tratan 

















Documento para mestr@s, nais e pais

Como ensinar ós nenos a odiar a lectura
A revista “Educación y Biblioteca” (Follas de ACLIJ, Bogotá, 1990. N.7. P.2-7) rescata un texto de  Gianni Rodari, publicado en 1988, no que ofrece ideas para que pais e mestres poidan animar os nenos a ler sen menoscabarlles a motivación. As reflexións de Rodari denuncian métodos negativos que impiden gozar aos nenos do hábito literario e que a despreocupación puido sistematizar. O autor sinala varias causas que producen tal efecto, como ordenar aos nenos a ler, botarlles a culpa por non o facer ou presentar un libro como alternativa á televisión ou os comics, entre outras.
Nas seguintes páxinas recóllese un resumen de Kepa Osoro
Cando nos metemos na tremenda travesía de axudar o noso alumnado -e fillos-  a descubrir a maxia da lectura temos certa tendencia a perder a perspectiva. Empeñámonos en descubrir "que facer para espertar nos pequenos o amor pola letra impresa e esquécesenos que é importante ter en conta "que temos" que "evitar" para tirar pedras contra o noso propio tellado, pedras que moitas veces desbaratan todo o traballo feito.
Nesta liña concibíronse as preclaras reflexións de Gianni Rodari, xornalista, mestre e escritor italiano que encabezou a chamada Pedagoxía da Fantasía. Indo da súa man sabia e irónica, neste artigo tratarase de ir recoñecendo un a un algúns deses vicios nos que incorremos ao enfundarnos a chaqueta de "facedores de lectores".
Trátase de analizar algúns "erros de vulto" -como opoñer frontalmente o libro á tele visón ou aos cómics, lembrar insistentemente que na nosa infancia liamos máis (porque, dito sea de paso non tiñamos play station, entre outras marabillas) transformar o libro nun verdadeiro instrumento de tortura, etc. - erros que, moi ao noso pesar pero de forma machacona, rematan por converterse en «novas maneiras de ensinar os nenos a odiar a literatura».
1)         Presentar o  libro como alternativa a TV
Esta é, quizais, unha das estratexias máis eficaces para que os nosos rapacez se afasten decicidamente dos libros. Por un lado, porque para eles a televisión é un dos inventos máis marabillosos e útiles da historia da humanidade. E, por outro, porque os rapaces non son parvos e pensan: «Oe, papá, se che parece que ver a tele é perder o tempo, porque mamá e ti vos pasades todos os días varias horas diante do televisor?»
Ademais, somos tan pouco delicados cos seus gustos e afeccións que lles dicimos que teñen que ler en vez de mirar a tele, que han de coller os libros da escola «... en lugar de perder o tempo con esas estupideces». Viva o respecto ás ideas alleas!
Para os nenos a TV non é unha «estupidez» senón un entretemento divertido, ameno e útil. Talvez obxectivamente sexa certo que lle dedican máis tempo do necesario, ou que se refuxian ás veces «naquel estado de semiinconsciencia no cal o telespectador cae despois de certo tempo, e do que é síntoma a total pasividade coa que acepta calquera programa da pequena pantalla, sen escoller e sen reaccionar,».
Pero non podemos esquecer que os méritos educativos da TV superan aos seus deméritos: enriquece o punto de vista, nutre o vocabulario, achega unha cantidade inverosímil de informacións,... Aínda que sexa discutible a súa calidade, a tele transmite certa cultura.
E non esquezamos que dende o punto de vista psicolóxico, negar unha distracción, «unha ocupación pracenteira (ou sentida como tal, que é o mesmo), non é o modo ideal de facer que se prefira outra: será máis ben o modo de botar sobre esta outra unha sombra de fastío e de castigo».

2)         Enfrentando os libros aos cómics
Cantas veces escoitamos de pequenos a algún adulto sabiondo chuspirnos a frasiña: «Deixa de ler contos, que son unha parvada!» O noso mestre ou noso pai ameazaba: «Queimareiche todos os contos se non te vexo ler!». «Só un suficiente en lingua, eh? A partir de mañá rematáronse os contos»...
Esquecemos o mal que nos sentiamos cando nos prohibían abrir a páxinas del guerreiro do anteface, Curto Maltés, Flash Gordon,Tintín, El Capitán Trueno, Mortadelo e Filemón... Y agora somos nós os que castigamos os nosos fillos sen ler os seus contos de Bóla de Dragón, Spiderman ou Sinchán.
Neste caso prohibir non serve para nada porque acabarán lendo contos escondidos no cuarto de baño como faciamos nós, ou na casa dun amigo.
Os cómics teñen a función de ponte cara a lecturas máis  indiscutible. No medio das lamacentas e obrigatorias lecturas escolares, as aventuras dos contos supoñen unha ventá pola que penetra un mundo fantástico e  ilusionante. Verne, Salgari, Gordon, Blyton, Agatha Christie... foron para moitos dos adultos de hoxe a lectura máis estimulante, máis instrutiva e probablemente a máis educativa da súa infancia. O cómic -recórdanos Rodari- «posúe a función de nutrir e alimentar a necesidade de aventuras, de comicidade de rápida consumición e renovación constante: é manexable, é económico, é cambiable. Os nenos non teñen necesidade só de boas lecturas».
3) Cando eu era novo os rapaces liamos máis
A miúdo temos a tentación os adultos (e raras veces nos resistimos) de botar de menos a nosa infancia porque gardamos dela un recordo distorsionado polo paso do tempo e a necesidade de idealizar o que non temos. A memoria é unha aduladora e engana habilmente, pero é difícil decatarse diso. Como se lía cando eramos pequenos! De verdade? Cando? Hai cen anos, cando a maioría dos españois eran analfabetos? Hai corenta anos, cando varios millóns nin sequera sabían ler? Ademais, os que lían máis eran os fillos da burguesía, porque o que é o resto dos mortais, traballadores e clase miserable, non tiña diñeiro para comprar uns libros que non posuían nin sequera un aspecto medianamente atractivo porque as súas edicións eran en moitos casos vulgares.
«Antes había bos libros para os nenos». Non intentemos que os nosos nenos e nenas  boten de menos un pasado que non é o seu porque non poden identificarse coa nada. E, volvemos recordar outra incoherencia adulta: «Papá, se os libros que tiñas de pequeno eran tan bos e che gustaban tanto, porque non conservas ningún?».
4)         Os nenos de hoxe tendes demasiadas distraccións
«...E por iso ledes tan pouco». A catastrófica organización do tempo libre dos nosos fillos non é a causa de que non lean. Unhas veces o tempo libre non é máis que «tempo baleiro», tempo desaproveitado porque os pais non ensinamos os nosos pequenos a convertelo nun ocio creativo e estimulante.
Outras veces o seu tempo libre, o non ocupado polas tarefas escolares, vernízase cunha neurótica obsesión polas «clase de tenis, inglés, piano, artes marcíais, informática, manualidades... Cando teñen un momentiño para abrir un libro de Literatura Infantil coa garantía de non quedar durmidos polo esgotamento?
Si, é certo, hoxe en día hai máis distraccións, pero a súa compatibilidade cos libros pode ser factible pois non depende «do número e da calidade dos pasatempos (é dicir, das ocupacións máis libres e por isto máis queridas, e por isto de maior eficacia educativa) senón do lugar que o libro ocupa na vida do país, da sociedade, da escola,».

5) Botándolle a culpa aos nenos de que non prefiren os libros
Botarlle a culpa aos nenos, ademais de doado, é comodísimo, porque serve para ocultar as propias culpas. Recoñecemos que os nenos non len o suficiente, pero hai demasiadas casas nas que xamais entra un libro, hai millares de licenciados sen biblioteca, hai moitos pais que non len sequera o xornal, e despois sorpréndense se os fillos fan como eles, hai responsabilidades da escola e do Estado... Nas editoriais para nenos, o criterio comercial prevalece sempre sobre o criterio pedagóxico
«Acusado como o único responsable dunha situación complexa e agravada cada vez máis pola crise dos ideais educativos, o neno reacciona como pode: largándose a xogar ao patio, ou escondendo baixo a almofada o seu querido álbum de cómics».

6) Transformando o libro en instrumento de tortura
Este sistema aplícase tamén se aplica en algunhas escolas: os mestres obrigan os nenos a copiar páxina por páxina o seu primeiro libro de lectura. Tras esta tarefa, que para o neno non ten sentido nin interese ningún, engádese a división en sílabas. Se soubesemos como se divirten! Co tempo chega a análise gramatical e despois fai a súa entrada triunfal a análise lóxica, resumir, o aprender de memoria, etc. Todos eses exercicios multiplican as dificultades de lectura cando esta ten que adquirirse como pracer para manterse no futuro e en lugar de facilitalas, quítanlle ao libro calquera capacidade de entreter, de conmover, de interesar.
7) Negarse a lerlle ó nen@
Ao narrar ou lerlle un conto ao neno na intimidade, na confianza entre pais e fillos é un acto modo único e irrepetible. Pero hoxe en día poucos pais teñen tempo e ganas de ler un conto aos seus nenos. Compartir a lectura é «promover o libro de mero obxecto de papel imprimido a intermediario afectuoso, a momento da vida,».
8) Non ofrecendo unha elección suficiente
Se o abano de materiais de lectura que ofrecemos aos nosos alumnos e fillos non é variado e rico, o seu rexeitamento aos contos pode significar tan só que lle gustan outro tipo de lecturas: libros documentais, contos, prensa deportiva, revistas xuvenís, lecturas dixitais, etc. Axudémoslle a crear a «súa» biblioteca persoal, que iremos enriquecendo consultando os seus gustos e momentos lectores.
9) Ordenando ler
Este é o método máis eficaz se se quere que os rapaces aprendan a odiar os libros. É seguro ao cen por cento. Moi doado de aplicar. Toma un rapaz, cóllese un libro, colócanse os dous nunha mesa e prohíbese que o trío se divida antes de determinada hora. Para garantir o éxito da operación, anúnciase ao rapaz que ao finalizar o tempo estipulado deberá resumir as páxinas lidas».
O mozo sacará unha lección pola súa conta que non esquecerá a partir deste momento: hai que ler porque os maiores o mandan.
Non se di que non sexan necesarias as lecturas obrigatorias. O neno aceptaraas se a cambio lle damos oportunidade de ler dentro do tempo escolar o que lle dea a gana, sen pedirlle nada a cambio.
«Unha técnica pódese aprender con tesón, como a técnica da lectura. Pero o amor pola lectura non é unha técnica, é algo bastante máis interior e ligado á vida. 

Curso 2011-2012

Ola a todos e a todas. Xa estamos aquí outra vez e queremos comezar así:
Escribir é un exercicio fermoso e talentoso.
Escribir é converter as túas ideas en palabras escritas, de xeito ordenado, respectando as regras da sintaxe e da ortografía, da puntuación e da prosodia, disto e daquilo.
O principal, o importante é que quen lea o que escribes, o lea con interese e ata con curiosidade e con gozo.
Escribir é un fermoso exercicio de pensamento e de expresión.
Escribir: traducir ideas, acomodalas, darlles a orde e a lóxica, salpicalas de pementa... nin moita nin pouca, poñerlle sazón; suficiente calor para que non se queimen e non saian cruas; coidalas, movelas atinadamente para que sexan apetitosas e rechamantes.. abrir o apetito de ler, de seguir lendo.. de facer que o lector se encariñe, namórese a tal grao que o que le non o poida deixar... atrapar ao lector, facelo teu... saber manexalo, manipulalo mesmo... espertar nel as paixóns, os sentimentos, os recordos, as nostalxias, as tristuras, as alegrías, os fracasos, os éxitos, as bágoas, o sorriso... saber chegarlle ao fondo do seu ser, do seu eu... facilitarlle o camiño para que se identifique con esa realidade que é súa pero que moitas veces ignora ou non ten lle coraxe de enfrontar... ou que simplemente nunca pensara nela ... ou que é incapaz de dicilo tal como o le... tal como o escribes.
Escribir para un, para os demais, para o outro, para a outra, quizais para ninguén... pero escribir.
(Facundo Cabral)

Este curso propoñémosvos unha tarefa preciosa: ESCRIBIR, pero tamén ler, ler e ler. Por iso eleximos a figura dun mestre e escritor italiano, Gianni Rodari, que nos vai ensinar outras maneiras de escribir, imaxinar e divertirnos. 

Rodari cun grupo de alumnos de infantil
Foto de Giannu Rodari