martes, 27 de abril de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

Un ano máis chega o 17 de maio, o día especial das Letras Galegas. Desta volta temos como persoeiro honrado ó poeta de Lugo (Parada, O Courel) Uxío Novoneyra. A asociación de ensinantes do Salnés e, máis concretamente Adela Leiro e Mon, traballaron arreo para deixarnos nas escolas de Cambados unhas montaxes sobre a vida e obra do poeta. Se a obra é preciosa, as imaxes propiedade de Adela e de Mon son espectaculares e corresponden ás letras de Novoneyra. Temos o seu permiso para poñer algunhas aquí e, por suposto, para ensinarvos polos ollos e os oidos quen foi e o que fixo o poeta galego.
Na semana das Letras adicaremos un tempo a ver e falar del.



Grazas o/a autor/a.

viernes, 23 de abril de 2010

Día do libro

Hoxe celébrase a Día do Libro. O alumnado de 3º ciclo asistiu a unha mañá de lectura na biblioteca do Concello. Leron poemas e textos relacionados co Xacobeo e o Camiño de Santiago sacados dos poemarios de Cabanillas, Rosalía de Castro, Novoneyra... Parere que lles gustou e non foron só unhas horas de liberación de clase. Desexamos que este día continúe o resto do ano cuns minutos diarios adicados á lectura por pracer, por diversión, por aprender e descubrir fantásticos mundos que saen das cabezas dos literatos.

No video seguinte explícase polo miúdo o que é un libro. Neste mundo tan informatizado e tecnificado no que respiramos, é posible que perderamos certos hábitos, coñecementos e significados; así pois, recurrimos á unha reportarse audiovisual pavera para refrescar a memoria. Prestade atención!!!!!!

domingo, 11 de abril de 2010

Estudio do Espacio

Hola nenos e nenas de San Tomé. Estamos impresionados dos traballos marabillosos que estades a facer, pero hoxe imos adicarlle o tempo a Infantil e 1º Ciclo de Primaria. No video que sigue recollemos un pouquiño do traballo das súas investigacións na biblioteca do cole e tamén nas bibliotecas das aulas así como os traballos plásticos, decorativos e escritos que despois aparecerán -ou non-no libro final que cada nivel presentará segundo os títulos a investigar. Neste caso, os de Infantil estanse adicando o estudo das estrelas e o 1º ciclo investiga arredor dos planetas. O equipo de biblioteca e actividades extraescolares axúdalles a facer as 8 bolas que dentro de pouco se converterán en planetas a escala do noso sistema solar e a estrela máis grande: o sol. Cando rematedes tamén os veredes colocados polos corredores da escola.
O departamento de extraescolares estavos a montar outro Lim sobre feito. Se queredes probar, ide o seu
blogue. Ata logo.

O espacio