domingo, 28 de febrero de 2010

nebulosas
Acordádesvos del? Esperamos que sí. Jules Verne é un dos verdadeiros xenios da ciencia ficción do século XIX. Lembrade que escribiu unha serie de novelas de aventuras sobre temas científicos e a que máis chamou a atención foi "Da Terra á Lúa". Verne fixo un esforzo grande para resolver o problema do lanzamento -daquela ainda non existía a NASA nin a cosmonáutica soviética- e largou o proxectil dende un canón xigante, pero estaba mal informado sobre as leis da física. Non reparou en que tal aceleración repentina esmagaría ós cosmonautas. En calquera caso, tivo o seu mérito.

Este outro autor chamado H.G.Wells, alá polo ano 1901, novelou outra viaxe á lúa na obra "O primeiro home na Lúa" esforzándose un pouco máis  por resolver o problema do despegue e da gravidade, pero os físicos daquela época sabían ben que ningún dos dous escritores lograría levar ós humanos ó satélite terrestre. De todos os xeitos, a obra destes dous homes  puxo a funcionar o maxín dunha xeración de científicos. Anos despois a viaxe espacial deixou de considerarse un soño fantástico para verse coma unha realidade posible.

jueves, 18 de febrero de 2010

O espacio

CURIOSIDADES ESPACIAIS

A ciencia está chea de feitos curiosos, divertidos e interesantes. Aquí tendes unha selección de datos... para que vexades que a ciencia non ten porque ser aburrida.

1. Normalmente dise que la velocidade de la luz é 300.000 km/segundo. Pero a medición exacta ven sendo de 299.792.458 m/segundo.
2. A luz tarda 8 minutos e 17 segundos en viaxar desde el Sol ata a superficie terrestre.
3. A Terra rota a unha velocidade de 1 609 km/h, pero no espacio desplázase a unha velocidade incrible: 107 826 km/h.
4. Cada segundo –xa!- uns 100 raios chegan á Terra.
5. Coidadiño! 1.000 persoas morren ó ano por culpa dos raios.
6. Se puderas conducir en liña recta hacia o espacio, chegarías en pouco máis de una hora.
7. A Terra ten 4.560 millóns de anos, os mesmos que a Lúa e o Sol.
8. Cando unha pulga salta, o seu índice de aceleración é 20 veces superior ó do lanzamento dun trasbordador espacial.
9. Si o Sol medise tan só unha pulgada de diámetro (2,54 cm), a estrela máis cercana atopariase a 716 km de distancia.
10. Os astronautas non poden alrotar porque a falta de gravidade non lles permite separar o líquido e o gas nos seus estómagos.
11. Unha millonésima da millonésima da millonésima da millonénisma da millonésima de segundo despois do Big Bang, o universo era tan pequeno coma un chícharo.
12. Dentro de 5 mil millóns de anos o Sol quedará sen combustible. Non sei se chegaremos alá!
13. Utopía é unha gran superficie plana de Marte.
14. As galaxias máis grandes conteñen un billón de estrelas.
15. O universo contén máis de 100 mil millóns de galaxias.
16. Si o sol tivese o tamaño dun balón, Xúpiter tería o tamaño pelota de golf e a Terra sería tan solo coma un chícharo.
17. Arredor de mil billóns de neutrinos (que será esto?) do Sol atravesarán o teu corpo mentres les esta frase.
18. Un quásar emite máis enerxía ca 100 galaxias xigantes.
19. Os quásares son os obxectos más afastados do universo.
20. O cohete Saturno V, que levou ó home ata a Lúa, desarrollaba unha enerxía equivalente a 50 aviones Jumbo 747.
21. As estrelas de neutróns son tan densas que unha sola culleradiña pesaría máis que toda a poboación da Terra.
22. Cada hora o Universo expándese máis de mil millóns de quilómetros en todas as direccións.

Hai moitísimas máis: de que cor é a Lúa?; a montaña máis alta, os buratos negros, a gravidade, existen os marcianos?...Se deixas tí máis curiosidades publicarémolas.

miércoles, 17 de febrero de 2010

O ESPACIO

Imos comezar co estudo do espacio. Para que vaiades mirando algo do que hai máis alá da nosa atmósfera, deixamos varios enlaces que vos levarán a videos marabillosos aloxados en Youtube.
Imaxes tomadas dende o telescopio Hubble.
http://www.youtube.com/watch?v=4gaSMVBu5qg
Fotos da Terra e da Lua a 50 millóns de quilómetros
http://www.youtube.com/watch?v=4a_lDbvFc4E
Fotos da NASA
Meteoriños contra a terra
Na biblioteca xa estamos a facernos con bibliografía axeitada a este tema.