viernes, 19 de junio de 2009

Despedida

Bueno nenas e nenos, ata setembro acabamos. Hoxe entregáronnos a revista na que xa nos despediamos de todos/as desexándovos un verán cheo de alegrías e descanso. Tamén vos contabamos que un libro ocupa pouco espazo e non pesa así que cando vaiades á praia, de viaxe, antes de durmir, os días que chova -que choverá-, algunha tarde en solitario -que o verán é moi longo-... aproveitade para ler o que máis vos guste e escribir o que vos remexe na cabeza para contarllo ós demáis. Bicos.

domingo, 14 de junio de 2009

O círculo pechouse


Xa só nos queda a festa de fín de curso; tentaremos facervos unha festa medieval con xogos semellantes ós de antes. Están as profes de actividades extraescolares rompendo a cabeza neso e seguro que nos sorprenderán. Nós deixamos aquí unha mostra dos traballos feitos nas titorías. 

Panel da aula de música

Os de primeiro estudaron os oficios e gremios
En quinto adicáronse a percorres torres e castelos de Galicia
En sexto interesáronse pola arte románica e barroca
En cuarto metéronse coas damas e os cabaleiros
E un dos terceiros quixo sabes como era a comida 
  Infantil, como son tantos, miraron o castelo por fóra e entraron ata os cuartos

   Outro quinto fixo a cronoloxía da Idade Media
Os de Pedagoxía Terapéutica encargáronse do diccionario medieval


Tamén interesou a hixiene, a saúde e os aparellos do campo. 
Quedan ainda outros sete murais. Aínda estades a tempo de vir velos. O círculo pechouse

sábado, 13 de junio de 2009

Para estar satisfeitos

Xa rematamos o traballo, o círculo pechouse coa montaxe dos paneis que se fixeron nas aulas. A información é rigurosa, moi ben organizada. Por suposto agora toca facer un libro con cada unha das follas redactadas e ilustradas que pasará a aumentar os fondos da biblioteca: uns libros que ninguén máis terá, uns libros exclusivos que servirán para  consultas dos alumnos/as que xa formades parte da escola e outros que no futuro se escolaricen en San Tomé. Non so mercamos, tamén somos quen de producir. Noraboa a todos/as sen esquecernos de todo o profesorado que estivo ó noso/voso lado sen condicións. É unha satisfacción tervos como alumnos/as e compañeiros/as

viernes, 5 de junio de 2009

Grazas especiais

Hai unhas datas quedáronnos pendientes uns agradecementos especiais, tanto que queriamos adicarlle un espazo concreto para eles/elas porque lle supuxeron, de maneira voluntaria e algunhas veces arriscada, un emprego de horas non remuneradas, cesión de obxectos de tremendo valor sentimental e non menos valor económico, esforzo persoal para mostrar cousas especiais a todo o alumnado. Todos eles e elas apostan por un ensino público de calidade e na súa medida quixeron contribuir a ese fin cos proxectos deste ano.
- Grazas a familia Portas pola mostra de cetrería no pavillón.
- Grazas a moitos profesores/as da escola pola cantidade de horas que botaron ó lombo fóra do horario escolar.
- Grazas o colexio de Vilariño por algunhas pezas cedidas para as exposicións de trebellos da casa.
- Grazas a Asociación Cultural Unha Grande Chea por todos os traxes.
- Grazas a familia Xesteira (Xaquín, Anxo e Roi) pola mostra de música e instrumentos musicais
- Grazas os pais, nais e avós do profesorado por deixarnos tantos aparellos de labranza, instrumentos de carpinteiros, ferreiros, zapateiros, canteiros... algúns deles auténticas reliquias.
- Grazas a Manuel Marín -profesor de debuxo do IES de Cesures- polo debuxo do tapiz do salón do trono.
- Gazas a Chumi de Catoira por facernos a cota de mallas, os escudos, os cascos, o atril e a catapulta.
- Grazas á escritora Anxos Sumai por deixarnos os marabillosos libros facsímiles de tremendo valor económico.

miércoles, 3 de junio de 2009

Unha Escola Medieval

Unha Escola Medieval Unha Escola Medieval bibliosantome Proxecto sobre o medievo feito no CEIP Santome de Cambados

martes, 2 de junio de 2009

Libro de Cabanillas

O mércores 14 de maio presentouse no noso colexio o libro homenaxe a Ramón Cabanillas, editado pola Asociación de Ensinantes do Salnés CANDEA. A obr,a coordenada por Adela Leiro é un traballo colectivo dos centros educativos do Salnés que completa un montón de actos que CANDEA organizou arredor do ano de Cabanillas. 
Dous momentos da presentación cos representantes das escolas e dos institutos e que contou coa familia do escritor





Páxinas elaboradas no colexio aproveitando as vidrieiras para ilustrar o relato A noite estrelecida, unha historia do rei Arturo

Grazas familias

Estimadas familias: ainda que un pouco tarde, este apartado vai adicado a todas vos  pola colaboración que tivéchedes durante todo o curso coas actividades propostas dende a escola. Estámosvos moi agradecidas/os polos postres -espero que vos acordedes daquela merenda cos postres de outono pois foron case 100 familas as que colaboráchedes naquela ocasión- e polos 40 cans de todos os materiais que fixéstedes para o libro de Querido Inimigo de Agustín Fernández Paz. Para vós vai este pequeno video de agradecemento e... seguro que para o próximo curso seguiremos pedíndovos máis e vós respondendo tan ben!!!.