viernes, 29 de mayo de 2009

Queremos deixar este curto que nos pedides dende distintos colexios porque non podedes chegar ata aquí. É unha pequeniña mostra do que se leva facendo dende o mes de xaneiro por parte de profesores/as, nais e pais dos nosos alumnos, familiares, voluntarios, etc. No seu momento falaremos de todos eles. Moitas grazas polos ánimos

Mostra de CETRERÏA

Queridos lectores: resulta que entre as variadas aficións que temos, a familia de Vani de 4ºA ten como entretemento e pasión o da cetrería. Non fixo falta nada para que viñera invitada ó cole para ensinarnos as súas pezas: un falcón, un cernícalo e unha águia. Deixaron que os nenos case tocaran as aves, fixeron unha demostración de voo no pavillón, apareceron caracterizados como os falconeiros da dade media. Foi todo un espectáculo inesquecible. Agradecémoslles a súa amabilidade e colaboración coa escola cun montón de grazas e bicos.


jueves, 28 de mayo de 2009

Unha escola medieval

Seguindo co traballo de Formación de Usuarios, xa comezamos o estudo e investigación sobre a idade media. Polo de agora, o equipo da biblioteca axudado polo de actividades extraescolares e o traballo enorme dos nenos, profesores, familires do profesorado e familias do noso alumnado, fomos ambientando a escola e convertémola nunha escola medieval. Deixámosvos algunha mostra dos nosos corredores... que estades invitados a visitar ata o 20 de xuño.















miércoles, 20 de mayo de 2009

ANTROIDO MEDIEVAL

Seguindo coa formación de usuarios, dende a biblioteca propúxose aproveitar a ocasión para lucir traxes medievais. A proposta aceptouse por unanimidade e cada ciclo elexiu o disfraz que máis lle gustou: cento dez soldados, campesiños, aventureiros, damas e cabaleiros; reis e raíñas, troveiros, mesoneiras e a corte do rei Arturo desfilaron polo pavillón ó son de bailes e cancións.

sábado, 16 de mayo de 2009

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Con esta primeira celebración do ano empezamos tamén co traballo de investigación que dende a biblioteca propuxemos para o semestre: a Idade Media. Pode parecer pouco realista conectalo con aquela época, pero tiñamos como obxectivo o estudo dos Dereitos Humanos: como era daquela a vida da xente máis desfavorecida, como é hoxe e comparar:
- Xa non hai escravos?
- Todos temos dereito a unha vivenda?
- Todos temos dereito a que se recoñeza a nosa persoa?
- Todos temos dereito á educación, á sanidade?...
Pois sí, pero cúmprese?