jueves, 26 de junio de 2008

FESTA FIN DE CURSO


Para rematar o curso fixemos a nosa particular Festa da Auga con 12 xogos no patio: flota ou afunde, pesca de río, pesca coa boca, pompas de xabrón, carreiras de barcos, expirómetros, globos de auga, carreiras de caldeiros, bolos de auga... Ademáis, a APA agasallounos con churros e chocolate -exquisito por certo - e o colexio entregounos centos de carameliños que se desfacían na boca nada máis metelos dentro. Deixámosvos algunhas fotos deste día...

DESPEDIDA DO CURSO

Rematou o curso. Agora só queda disfrutar do verán e desexarvos unhas felices vacacións cheas de ocio e de libros, pois nunca está de máis incluir ós libros no noso lecer, porque ler non é só cousa da escola. Podédelo facer na praia, na piscina, no cuarto... así que non vos esquezades de meter un libro viaxeiro nas bosas bolsas de praia ou maletas de vacacións. Un bico para todas e todos do equipo de biblioteca e do claustro de San Tomé. Vémonos en setembro.

miércoles, 11 de junio de 2008

AUGA E ARTE


Hoxe estivemos vendo na escola que tamén coa auga podemos facer arte. Descubrimos verdadeiros artistas na pintura, escultura, arquitectura, fotografía... pero o que máis nos chamou a atención foron unha serie de fotografías tituladas "Esculturas Líquidas". Explicáronnos o proceso que os artistas seguen para chegar a fotografiar estas verdadeiras obras de cor e movemento. Ten que ver coa densidade, a modificación das propiedades da aiga, o volume, etc, é dicir, unha boa aplicación de todos os experimentos que fixemos no laboratorio da nosa escola. Eso sí, os artistas precisan de moita paciencia, probas, revelados... para poder chegar a estas fotos. Ademáis de deixar unha pequena mostra, poñemos o enlace para chegar a todas elas en internet simplement.wordpress.com/.../wordpress.com/.../