lunes, 3 de noviembre de 2008

Noraboa pois case todos/as déchedes co asunto. Sí, trátanse de anaquiños de obras do noso autor do trimestre Agustín Fernández Paz. Sabemos que xa estades a ler os seus libros e ós máis pequenos lenllos as profes e as nais -seguro que tamén os pais-. Témolos todiños na nosa biblioteca, nun espazo reservado para que os collades cando queirades. Aquí mesmo, mirade




É como o que máis nos gusta e que os leades, todos se pode ser, deixámosvos os títulos da súa obra:

* A cidade dos desexos
* As flores radiactivas
* Contos por palabras
* Lonxe do mar
* O tesouro do dragón Smaug
* Rapazas
* Unha lúa na fiestra
* As tundas do corredor
* Trece anos de Branca
* Cartas de inverno
* Amor dos quince anos
* Avenida do Parque
* O centro do labirinto
* A néboa escura
* O laboratorio do doutor Nogueira
* Noite de voraces sombras
* Un tren cargado de misterios
* Aire negro
* Corredores de sombra
* O único que queda é o amor

Que os disfrutedes!!!!
HOLA A TODAS E A TODOS!!!
Ímosvos propoñer unha pequena actividade. Sodes capaces de recoñecer estas fotos?



Si, si... Xa sabemos que andan pola biblioteca da escola, e polos corredores e mesmo na entrada. Pero, porque? Que se lle pudo meter na cabeza ás mestras e mestres de San Tomé? Con que terán que ver? Buscade, buscade....

jueves, 11 de septiembre de 2008

BENVIDA Ó CURSO

Xa chegou o 11 de setembro!!!!! Así que a partires de mañá mesmo estamos á vosa disposición porque temos novidades na biblioteca e algo que imos estrear xa e que se vai repetir a cotío durante vinte minutos ó día despois do recreo: IMOS LER na clase, o que queiramos, o que nos apeteza: o libro de todas as noites, a revista que nunca me dá tempo a ver, a enciclopedia de animais mostruosos, o atlas do corpo humano, a sección local do xornal... O QUE QUEIRAMOS, e sabedes máis? Non nos van pedir contas!!! Nada de responde estas preguntas, fai un resumo do que leches, e esas cousas que sempre están a pedir os mestres e as mestras. Sorprendidos, eh?
Pois sí, xa vos van explicar nas clases. Pero ainda hai máis, só que iremos contándoo ós poucos. Como adianto estamos en tratos para que o escritor Agustín Fernández Paz veña á nosa escola e acaso logremos ver un cabaleiro medieval chegar a cabalo polos corredores de San Tomé convertidos en murallas dun castelo. Quen sabe, os libros teñen eso, fantasías e ilusións. Imos tentar facelas realidade.
Un bico para todos/as e bo curso 2008-2009

jueves, 26 de junio de 2008

FESTA FIN DE CURSO


Para rematar o curso fixemos a nosa particular Festa da Auga con 12 xogos no patio: flota ou afunde, pesca de río, pesca coa boca, pompas de xabrón, carreiras de barcos, expirómetros, globos de auga, carreiras de caldeiros, bolos de auga... Ademáis, a APA agasallounos con churros e chocolate -exquisito por certo - e o colexio entregounos centos de carameliños que se desfacían na boca nada máis metelos dentro. Deixámosvos algunhas fotos deste día...

DESPEDIDA DO CURSO

Rematou o curso. Agora só queda disfrutar do verán e desexarvos unhas felices vacacións cheas de ocio e de libros, pois nunca está de máis incluir ós libros no noso lecer, porque ler non é só cousa da escola. Podédelo facer na praia, na piscina, no cuarto... así que non vos esquezades de meter un libro viaxeiro nas bosas bolsas de praia ou maletas de vacacións. Un bico para todas e todos do equipo de biblioteca e do claustro de San Tomé. Vémonos en setembro.

miércoles, 11 de junio de 2008

AUGA E ARTE


Hoxe estivemos vendo na escola que tamén coa auga podemos facer arte. Descubrimos verdadeiros artistas na pintura, escultura, arquitectura, fotografía... pero o que máis nos chamou a atención foron unha serie de fotografías tituladas "Esculturas Líquidas". Explicáronnos o proceso que os artistas seguen para chegar a fotografiar estas verdadeiras obras de cor e movemento. Ten que ver coa densidade, a modificación das propiedades da aiga, o volume, etc, é dicir, unha boa aplicación de todos os experimentos que fixemos no laboratorio da nosa escola. Eso sí, os artistas precisan de moita paciencia, probas, revelados... para poder chegar a estas fotos. Ademáis de deixar unha pequena mostra, poñemos o enlace para chegar a todas elas en internet simplement.wordpress.com/.../wordpress.com/.../

sábado, 24 de mayo de 2008

2ª semana de experimentos con auga

Esta foi a segunda semana que adicamos a experimentar coa auga no colexio . Todo o alumnado, desde infantil de 3 anos ata 6º de primaria, pasou polo laboratorio para descubrir o que é a densidade, o volume e a masa. Descubriron que a auga pode voar, pesa, ocupa un espacio, pode medirse, fai que flotemos, afundamos ou aboiemos. Como se poden modificar as súas propiedades , por enriba, pasárono fenomenal. Sentimos moito non poder poñervos todas as fotos. Polo de agora deixámosvos este video.

domingo, 18 de mayo de 2008

Deporte e Auga Doce













O venres pasado tivemos na escola a uns verdadeiros profesionais da auga e do lecer. Viñeron a falarlles ós rapaces e rapazas de como desfrutar da auga e da natureza á vez que gardaban o máximo respecto cara o medio ambiente e a súa propia seguridade. Cheché falounos das actividades que fan para nenos e adultos como directora de Turnauga, ensinounos videos e fotos, mandounos unhas fotos preciosas de barranquismo, raffting, piragüismo e rappel que fan nos ríos galegos que de certo non teñen nada que cobizar a outros paraxes naturais que vemos pola tele. Tamén estivo con ela un monitor do seu grupo. Trouxeron barcas, canoa, chaleques de salvamento, balizas de rescate, cascos, remos, roupas de neopreno e moito entusiasmo que conseguiron transmitir ó alumnado de San Tomé. Penso que o máis importante deste día foi a mensaxe seguinte: é posible pasalo ben sen estragar o medio ambiente. Moitísimas gracias por todo.http://4.bp.blogspot.com/

viernes, 16 de mayo de 2008

Monográfico sobre Roald Dahl


Durante dous meses no CEIP San Tomé desenvolvemos un proxecto sobre Roald Dahl. Os obxectivos principais eran os de coñecer ó autor e ler as súas obras...e FIXÉMOLO. Nestes dous meses estivemos rondando a Roald Dahl dende infantil ata 6º.
O departamento de normalización traduciu moitos dos libros do autor, preparamos un power point para infantil adaptando os textos, investigamos sobre a vida... e de todo esto saíron traballos preciosísimos:
- Paneis de lectores -50 lectores por panel, e nalgúns casos houbo que amplialos.
- Valoración das obras.
- Cadros sinópticos.
- Reescritura de textos
- Moitísimos traballos plásticos
Pero sobre todo as que tolearon co tema foron as mestras de inglés: traduciron, descibiron personaxes, investigaron, modelaron... ata felicitaron o nadal con Roald Dahl. Botaron por fóra.
E que vos imos contar do equipo infantil? Fixeron de todo e mesmo lograron que o crocodilo criara 110 crocodiliños. Podedes miralo no video.

miércoles, 7 de mayo de 2008

San Tomé énchese de auga doce


Como xa vos dixemos, estamos a traballar nun proxecto sobre a auga doce. Para ambientar o colexio imos colocando, ós poucos, unha pinga aquí, unha fonte alá, unhas moléculas de H2O no teito , unha fervenza ao frente... Nuns días poderedes velo.

Exposicións do día do libro en San Tomé

A AUGA DA VIDA

Estamos a traballar dende o departamento da biblioteca do noso cole un proxecto que titulamos A AUGA DA VIDA. Xa fixemos moitas actividades dende o mes de xaneiro e quedan ainda moitas cousas pendentes. Do que xa fixemos deixamos unha mostra neste blog ó que podedes acceder nos arquivos adxuntos. Esperamos que vos guste. http://bibliosantome@blogsport.com

martes, 6 de mayo de 2008

lunes, 5 de mayo de 2008

Inauguración do noso blog


Hoxe, día 5 de maio de 2008, creamos o primeiro blog da nosa biblioteca escolar. Esperamos que teña moito éxito e que todos participedes nel.